“Restaurante el Huerto CB foi a promotora dunha instalación fotovoltaica para autoconsumo de 20 kW nominais co obxectivo de acadar unha economía máis limpa e sustentable a través do fomento da xeración distribuída e o autoconsumo enerxético. Coa devandita instalación conséguese unha menor dependencia do mercado eléctrico, así como unha redución das emisións de CO2 á atmosfera, evitando aproximadamente a emisión dunhas 9,48 toneladas anuais, o que supón unha pequena contribución a frear o cambio climático.

Para a execución do proxecto, Restaurante el Huerto CB obtivo para o establecemento Café Bar el Huerto o apoio do programa de subvencións para actuacións de eficiencia enerxética en empresas turísticas, incluídas no Plan de modernización e competitividade do sector turístico do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia, financiado pola Unión Europea – NextGenerationEU. Estes fondos foron xestionados pola Axencia Turismo de Galicia e ascenderon o importe de 18.320,00€”